CHAVEIRO GTA GALICIA
€1.99
Este non é un simple chaveiro… é unha declaración de principios made in Santa Comba.
Un lado con sabor a tradición: a mítica ilustración do GTA pero para galeguizada que xa che vai abrindo a sede só con mirala. O outro lado… ferramenta oficial de supervivencia: abridor incorporado porque aquí non se improvisa, aquí prevese.
Porque en Santa Comba hai dúas cousas claras: gústanos estar coa xente… e iso case sempre pasa arredor dun bar. Este chaveiro é para os que saben que saír “a tomar algo rápido” nunca é rápido, e que mellor levar o abridor encima, por se o plan se complica (ou mellora).
Características:
Metal resistente.
Chaveiro con abridor integrado.
Deseño exclusivo de Ceibe
Ideal como agasallo ou para levar sempre contigo e quitarche dun apuro de sede.
